Pero...que raros son!!!

jueves, noviembre 16, 2006





¡Meus queridos amigos!:

Lila é unha vila profundamente marcada pola guerra. De alí son orixinarios Carnot e Kléber (xenerais da época revolucionaria e napoleónica) así coma o máis recoñecido De Gaulle.

Pero foi a I Guerra Mundial a que deixou unha pegada indeleble. Na parte superior dereita da pantalla vedes o monumento aos soldados franceses mortos na Batalla de Verdún; á esquerda o monumento adicado á Guerra de Indochina. Pero é que a Cidadela está inzada de adicatorias aos caidos na Grande Guerra, e así sucesivamente.

Pero o mellor de toda a viaxe foi que viaxei no TGV. Cando cheguei á estación de tren de Bruxelas pensaba que ao tren lle levaría unha hora e media chegar a Lila. Iso é certo, pero só para o ferrocarril ordinario. O TGV precisa só de 31 minutos para percorrer o mesmo traxecto. A verdade é que non te da tempo a facer nada. Tampouco te decatas da velocidade ate que te cruzas con outro TGV. Nese intre percibes que nunca viaxaras tan rápido en tren.

É unha experiencia que recomendo, porque tal coma van as cousas, en Galicia non imos ver un tren de velocidade alta (xa non falo do "tren da alta velocidade") ata dentro de 15 ou 20 anos.

A seguinte viaxe é a Colonia. Agardemos que non me choiva.




¡Meus queridos amigos!.

O pasado domingo estiven noutra das vilas que pertenceron ao Imperio español cando faciamos algo máis que comer os mocos. Sí, amigos, agás Aquisgrán, tódalas vilas e cidades que visitei foron un día parte da Coroa de España. Iso vese nos escudos de armas que figuran nos edificios máis antigos. Lila non é unha excepción.

Despois de Rotterdam era difícil atopar unha cidade que me satisfacera. Lila é o contrapunto daquéla. Provinciana, tranquila, repousada. Semella feita para ser paseada. Porén,semella unha impresión errada, dado o seu potencial industrial e de servizos. Coma mostra, un dos barrios do centro chámase "Hotels".

Eu xa escoitara que os franceses eran parecidos a nós en canto ao dominio dos idiomas. Creo que podo acreditalo. A oficina de turismo está atendida por unhas cinco azafatas. Só unha delas fala un inglés decente. Iso sí, por calquera mapa ou plano cobran un mínimo de 50 cm. de euro.

Coma podedes comprobar nas fotos, Lila sí conta cunha tenda de Zara. Normalmente eu aparezo aos pes do letreiro, para acreditar a miña presencia. Pero coma esta vez fun so, non ousei pedirlle a ningún "fillo de San Luis" que me sacase unha foto. Xa é embarazoso dabondo estar todo o día molestando aos viandantes.

Paseando polas rúas atopei un mercado de productos do campo. Había queixos de dimensións equivalentes ás das rodas dun coche. Nun dos postos vin unha paelleira. Non se me ocorreu proba-la paella, pero sí tomei unha foto para inmortalizar o momento.

En canto a monumentos Lila está practicamente "virxe". O que máis me gustou foi a Cidadela. Deseñada por Vauban, resulta impresionante para aquéles que nos gusta a Historia militar. Os muros son estensos e profundos. Tomei varias fotos, pero a miña cámara non ten profundidade de ángulo suficiente como para captar a muralla.

Vémonos na segunda parte.

martes, noviembre 14, 2006

Novo pequeno catálogo de seres e estares.

¡Meus queridos amigos!.

Xa que estou a tomar un pequeno descanso nas miñas tarefas, aproveitarei para contarvos algúns acontecementos inconexos -velaí o título da entrada- pero que reflexan a miña vida diaria.

Coma algúns sabedes, son un forofo da radio. Jiménez Losantos, Francino, Herrera, del Olmo (Luis), César Vidal, Carlos Llamas... Escoito toda a información política que podo. Iso dame unha avantaxe tremenda sobre os restantes habitantes de Rarolandia: eu saio tódalas mañás de casa quente e alporizado;tal consumo de calorías protéxeme da friaxe matutina e libérame de facer deporte.

Asimismo, adoro os "blogs" e confidenciais de Internet. Hai centos de miles. Eu tendo a escoller os de persoeiros (políticos, xornalistas, etc.,). Nos blogs os "desbarres" mentais acadan a súa máxima expresión. Velaí vai un exemplo, tomado de
www.jorgevalin.com. Prestade atención ao que se di sobre a protitución infantil, porque non ten perda:

http://www.jorgevalin.com/artic/heroes_libertad.htm.

Estes días estou a ler moito sobre a Alianza de Civilizacións, debido á viaxe de ZP a Turquía, ese aliado secular de España (sic). Así pois, hai uns minutos baixeime o informe dos expertos da ONU sobre a devandita Alianza. Aquí vos deixo a entrada:

http://www.unaoc.org/repository/report.htm

Pero coma non son sectario en absoluto, encarézovos a que leades o confidencial de Enric Sopena (www.elplural.com), "lo vais a flipar".

Iso sí, a bomba das bombas é o blog de Luis del Pino en "Libertaddigital.com". Eu nin tento lelo, pero por se a algúen lle interesa coñecer ao detalle a denominada Conspìración do 11-M, velaí vai a entrada:

http://libertaddigital.es/bitacora/enigmas11m/

O que resista éste último ten ben merecido o Premio Príncipe de Asturias.

FLOODING

¡Os meus queridos amigos!.

A miña vida en Bruxelas pode resumirse na seguinte frase: "Son as 13:56 e xa hai unha hora que xantei". ¡Que!. ¿Xustificado ou non o título do blog?.

En realidade, non sei se diciros "bos días" (en horario español), "boas tardes" (horario belga e, en xeral, europeo, ou "boas noites"). Digo isto porque en Bruxelas é noite pechada ás 17:30 h., e todavía estamos a mediados de novembro. Realmente, estou expectante sobre a que hora caerá a noite os derradeiros días de decembro. Supoño que ás 16:30 h., ou algo así.

Como vedes, o título da entrada é un pedantísimo anglicismo: "flooding". Porén, expresa perfectamente o que me aconteceu esta noite, na cal, xa vos adianto, tan só durmín 2 horas. A razón: atisbo de inundacións no meu piso.

O "sucedido" foi o seguinte. Onte pola noite choveu a cachón. Contra da unha da mañá, e despois de estar "skypeando" por máis de dúas horas dispúxenme a ir para o catre. Antes, coma un neno pijo que son, fun tomar un vaso de leite. Cal sería a miña sorpresa cando vexo a cociña ateigada de auga. O chan estaba asulagado, de xeito que o nivel me chegaba ate máis ou menos o empeine. Localizei axiña a fonte do problema (nunca mellor dito) e coloquei baixo dela un bol de plástico. Pero...a cunca, aínda que moi grande, colmouse en dous ou tres minutos.

A consecuencia foi que estiven toda a noite baleirando o bol de auga. Contra das 7 de mañá chamei ao meu arrendador. A faciana de estupefacción que puxo fará época. Estará pensando nas obras que hai que facer e no que deberá pagar.

Eu só agardo que me resolvan o problema.

sábado, noviembre 11, 2006

ROTTERDAM (II)




¡Meus queridos amigos!:

Continúo coa breve descripción da miña pasada excursión.

Na primeira fotografía podedes ver a adicatoria de Tina Turner á cidade de Rotterdam. Ésta, con outras decenas de baldosas historiadas, atópase no "Paseo da Fama". Coma ben imaxinades, os cantantes, actores e demais famosos/as que van á cidade, deixan as súas pegadas para que "pimpíns" coma min poidamos tomarlles fotos.

Na terceira foto vedes unha imaxe todada dende o barco que tomei para visitar o porto de Rotterdam. Cómpre dicir que é o principal porto comercial de Europa. Resultou abraiante. De feito, cando ollaba quilómetros e quilómetros de instalacións portuarias víñanme á cabeza as soflamas sobre o futuro Porto Exterior de A Coruña e a competencia que podería supoñer para Amberes e Rotterdam. Sen comentarios.

Na foto vedes unha sección de dous ou tres quilómetros da zona de contenedores. A área total deben ser uns cinco ou seis quilómetros, en liña recta. E uns 15 ou 20 metros de altura. En canto á superficie ocupada por eles, non podo calculala.

A derradeira foto é típica miña. Tomando unha cervexa nun bar.

Á vosa saúde, naturalmente.

ROTTERDAM (I)






¡Meus queridos amigos!.

Hoxe quero falarvos dunha das cidades máis marabillosas que vin na miña vida: Rotterdam. Non consumirei moito tempo nin espacio de blog na súa descripción. No seu lugar permitídeme que parafrasee a noso común mestre, o guionista de "American Pie", para dicir que visitar Rotterdam debe ser tan incrible como "facelo cunha tarta de mazá". IM-PRE-SIO-NAN-TE.

Rotterdam foi devastada durante a II Guerra Mundial. A súa obrigatoria reconstrucción realizouse en termos de racionalidade; a arquitectura de avangarda non está reñida co encanto nin coa habitabilidade. Amplas avenidas, carrís para ciclistas, trafego ordenado de coches, luminosidade. É dicir, todo o contrario ao "vazquismo urbanístico" que estou afeito a ver na cidade de "La Curuña" (A Coruña en idioma vazquista).

A educación dos holandeses é proberbial, ¿verdade?. A miña experiencia o ratifica. A "proba da foto" non engana. Cando lles pides que te saquen unha fotografía, os tíos se desviven, repítena se consideran que lles saíu mal, buscan os mellores ángulos..., e sempre cun sorriso nos beizos. Son realmente encantadores .

Tamén é lugar común afirmar o seu carácter industrioso e comerciante. Tamén o acredito. Hai galerías comerciais, espacios de tendas e establecementos de absolutamente tódolos tipos, estilos, productos, especialidades... O alucinante é que paseando por tales rúas, non tes sensación de agobio, coma me acontece en España, sinón que te sintes moi a gusto. ¿Por qué?. Sinxelo: trátase de espacios abertos, luminosos, amplos, nos que predominan as liñas rectas e materiais coma o vidro. E o mellor piropo é que dan gañas de mercar.

Tremenda cidade.

lunes, noviembre 06, 2006

Clase de francés.

¡Meus queridos amigos!.

A única novidade digna de mención ten que ver coa miña clase de francés. Troquei de hora e, polo tanto de compañeiros. Pero cumplín coa miña promesa de seguir a unha sueca fermosísima. Xa sabedes, un sempre debe respectar a súa palabra.

En clases somos nove alumnos; deles, 5 alemáns. Cando me fixei neles, cavilei sobre coma os xermanos puideron poñer en xaque a toda Europa en dúas guerras mundiais.

Por ende, cando a profesora me solicitou que construíse unha frase empregando os superlativos, non se me ocorreu outra que ésta: "Fernando Alonso é o meirande campión de Formula I". O careto que me puxeron dous deles foi remedo da faciana que gasta Oliver Kahn. Para culminar, un inglés cachondo -Paul- adicou a súa oración ao insoportable que é Michael Schumacher. Despois, sorrindo, perdiu perdón á concorrencia.

Por aquí xa vai frío dabondo, e o ceo está tan escuro que semella ser sempre de noite. Advertíronme que Bruxelas era triste para os nosos parámetros. Estou a pensar que é certo. Durante os 5 días laborables, o que fago é ir do traballo a casa e de casa ao traballo. Tamén vou facer footing, pero a 2 ou 3 Cº. Xa vos facedes cargo do ben que o paso os 15 primeiros minutos.

Durante as fins de semana procuro facer algunha viaxe. O sábado estiven en Rotterdam. Pero ese é outro conto, e como tal será relatado nunha vindeira ocasión.

jueves, noviembre 02, 2006

Spielberg, see my carizma

¡Meus queridos amigos!.

Entre as innumerables obras de arte que ofrece "YouTube" hai unha saga que me gusta especialmente. Quero, pois, compartila con vós.

A serie "Spielberg, see my carizma" busca facilitar ao eminente director a difícil tarefa de atopar actores para as súas películas. Calquera pode enviar un vídeo e tentar convecer a Steven para que o contrate.

Nos "mentideiros" de Hollywood dise que foi deste xeito coma "O Golum" conseguíu os seu papel en "O Señor dos Aneis".

Aquí vos envío algúns exemplos. ¡Os vindeiros Harrison Ford e Brad Pitt están aquí!.

http://www.youtube.com/watch?v=Xh_2fBV1myA
http://www.youtube.com/watch?v=t2ql_ftax94
http://www.youtube.com/watch?v=RaGSdR1ljYg
http://www.youtube.com/watch?v=ukU2a4vZ-eE

DG.COMP
















¡Meus queridos amigos!.

Por se alguén dubidaba da miña condición de "stagiere" en DGCOMP., ou incluso da miña presenza en Bruxelas, aquí vos remito un par de fotos.

Na primeira, aparezo feliz e optimista en fronte do edificio central da Dirección Xeral de Competencia. Veredes. Esta DG conta con dúas sés; a principal, sita na rúa Joseph II, e unha segunda, moi próxima á anterior, na rúa Spa III (pero "Spa" é o nome da rúa, ¿eh?, que non estou nun balneario).

A segunda foto semella máis institucional e apropiada. Fácil é deducir que nos atopamos no meu despacho. Comparto éste con outro "stagiere", Dimitrios, grego de nacionalidade e bastante majo. É un tío moi traballador e centrado, polo que non me da o coñazo. Iso sí, de cando en vez facemos un "break".

Xa podedes ver que o despacho non é nada do outro mundo. Máis ou menos todos son así. O minimalismo preside a decoración, ou mellor dito, a ausencia da mesma. Os "case handlers", é dicir, os funcionarios responsables dos expedientes (por veces moi importantes) contan cun mobiliario idéntico ao meu: mesa, arquivo e ordenador. Os despachos individuais son realmente reducidos, nalgúns supostos, case angostos.

Outra curiosidade é a presencia de habitáculos dispostos coma cociña para uso interno. Alí podes, dende preparar un café ate cociñar para toda a unidade. Máis aínda; no primeiro andar atópase unha galería con ... ¡duchas!. Sí, non minto. A razón é sinxela e atinada: o hábito de ir a traballar en bicicleta.

Intelixentes estes belgas, ¿non sí?

miércoles, noviembre 01, 2006

Aquisgrán. II parte



¡Meus queridos amigos!.

¡Por fin podo publicar fotos!. Resulta evidente que o"diario inane", principal responsable da sabotaxe, tomou nota da miña protesta e decidiu rectificar. Aplaudimos a súa decisión. Con isto, deu un importante paso para rematar coa conspiración do 11-M.

Naturalmente, podedes dubidar que esta foto fose tomada en Aquisgrán. ¿Por qué non en Cospeito?, ¿ou en Coirós?. Pois non, en Aix-la Chapelle (Aachen, en "raro"). Cando visito unha vila centroeuropea teño dous hábitos non explicables en termos racionais. O primeiro, fotografiarme mentres disfruto dunha cervexa. O segundo, tomar unha foto ás portas dun establecemento de "ZARA". Desta volta só puiden materializar o primeiro.

Aquisgrán é unha vila de tamaño medio en parámetros españois. Pero aí remata toda semellanza. Do mesmo xeito que en Holanda, o respeto polo urbanismo, a natureza e a convivencia superan con creces o que estou afeito a ver na Galiza. Edificios que non superan os catro andares, casas e barrios arrodeados de árbores, rúas limpas, educación e urbanidade e, a destacar, o silencio nas rúas. Mentres estaba na cervexería decateime da ausencia de balbordo. A saber, os viandantes cúidanse de alzar a voz ou falar a berros. Os vehículos de motor teñen o acceso prohibido ao centro da vila e non se escoita música ou ruido do interior dos bares.

En contrapartida, parecéronme todos bastante aburridos. Coido que a importancia da cervexa na "cultura" alemana débese á necesidade absoluta de contar cun estimulante. Os "culturetas" dirán que os alemán divírtense "doutro xeito". É posible.

Unha aperta e ate pronto.

Excursión a Aquisgrán

¡Meus queridos amigos!.

Estou sumamente contrariado porque Blogger non me permite colgar fotos nese o voso "foro amigo" (expresión estúpida tomada de "Los 40 Principales"). Hai dúas explicacións posibles.

A primeira é que Juanjo, envexoso do éxito da miña iniciativa e partidario conspicuo do "Imperio do Monopolio" tivese conspirado co seu amigo Billy Gates para sabotearme. Afín de contas, non existe punto de comparanza entre o seu "cutreblog" e a miña obra de arte. Total; el , ¿qué ofrece?: fotos de Las Vegas, vídeos, conexións a "Youtube", unha aventura diaria... ¡Bah!. ¿Qué é iso en parangón con esta obra de arte?. Máis ou menos como escoller entre unha cea con Sharapova (as lectoras que escollan ao maromo que prefiran) e unha conferencia de Paquete "Majete" Umbral. ¿Está claro?, ¿non?.

A segunda posibilidade é que o "diario inane" busque a miña desaparición da Rede. ¿Non sabedes cal é o "diario inane"?. ¡Imperdonable!.

Coma aclara o lema deste capítulo, o domingo fixen unha pequena excursión a Aquisgrán. Sí señoras/es, entrei na Alemaña para cumplir un dos meus desexos máis antiguos: visitar a Capela Palatina. A viaxe mereceu a pena, pero, coma sempre, acontecéronme situacións curiosas.

En primeiro lugar, na Alemaña falan "raro". Iso significa que non entendes NADA do que te din. NADA DE NADA. Poden ciscarse en toda a túa árbore xenealóxica que nin te enteirarías. Se a miña vida dependense de ter que escoller entre a lectura das obras completas de Luis del Pino e aprender alemán, escollería o primeiro reto. ¿Non sabedes quen é Luis del Pino?. ¡Imperdonable!.

Iso sí, toda a xente é moi educada. Se pides que te tomen unha foto desvívense por facelo; axeónllanse, excúsanse no caso de que saíse mal e repiten as veces necesarias. Nada que ver cos belgas. En "Gofrelandia" é realmente posible que nin saias na túa propia foto. Crédeme, non é a primeira vez.

Algo no que sí coinciden é no dominio das linguas (=idiomas). Cando saín da estación de Aquisgrán acheouseme unha amable doncela e faloume en "raro". Puxen cara de "¿Que co... dis?. Entón, cunha educación exquisita, díxome nun perfecto inglés: "¿Podrías dejarme algún dinero?. El que tengas".

Eu resposteille en perfecto inglés: "Tía, eu pensaría o de irme vivir a España. Alí, con inglés e alemán aspirarías a ser candidata á Generalitat de Cataluña".

Unha aperta e ate pronto.

sábado, octubre 28, 2006

Festa rachada na miña casa



¡Os meus queridos amigos!.

Levo tempo sen escribir na da neste blog. O motivo é ben sinxelo. Aínda estou a me recuperar de tódalas emocións vividas na cea celebrada hai xusto unha semana. O meu flat tornouse Sodoma e Gomorra, Síbaris e O Decameron todos sumados.

¡Xa me tería gustado!. Tratouse dunha simple cea de amigos, intitulada "I cea galaico-canario-calabresa". Os platos foron: morcilla, pan tumaca, queixo con marmelo, tortillas varias, pizza e pasta ao estilo calabrese. Todo regado con boa cervexa española e viños italianos e belgas.

A continuación procedimos á entrega de premios aos máis destacados/as do Máster. Velaí tedes un exemplo. Eu actuei coma mestre de cerimonias, polo que tiven a oportunidade de bicar a tódalas nenas. ¡Snif!. Ese foi todo o meu "ligoteo" esa noite.

Pero, atención!. Resulta que a noiva dun amigo fora esa noite ao concurso de Miss Bélxica, porque é modelo e tiña varias amigas que se presentaban. Así que se impón unha nova festa, na que se contará coa presencia de Miss Bélxica e de tódalas damas de honra. Incluso deixarei entra á que quedou de última. Se todavía está triste polo seu "fracaso" tentarei conso..., ¡ejem!. Sentidiño.